13 de nov. de 2013

A VOLTA

Luns, derradeiro día de traballo, veñen Joshua e Maurice de HAC, primeiro chega Augustin, estes veñen con retraso así que imos tirando, aínda que temos que parar, a caixa de cambios está rebentada. El queda en Bambui, pobo anterior a Bambili tratando de reparala, eu vou indo, teño que reunirme con Protus, temos cambios de última hora na obra e quero explicarlle. Imprimo, reunímonos e volta a Bambui.
Xa chegaron Joshua e Maurice, o coche anda rebentadiño mais tiramos igualmente. Primeira parada na casa de Beloved, entrégolle os papeis cos requisitos para o visado de estudiante en España, misión cumprida.
Seguimos ata o negocio de Salomon, tardamos máis de unha hora, entre o coche que está fatal e os atascos que cada vez son maiores, agora na estación seca. Cando por fin chegamos Salomon non está alí, agardamos un ratiño e nada, non aparece así que tiramos cara o banco, alí un lío... non se empanan de nada, unha horiña máis alí agardando.
Agora imos cara a tenda da irmá de Julius, quero presentarlle a estes dous homes pois está pensando en comezar cunha ONG, intercambian teléfonos e agora toca facer o mesmo con Cyrus, que vai comezar coa identificación dos rapaces máis vulnerables na súa zona, sorpresa, resulta que Maurice e máis a unha el xa se coñecían.
Voltamos ao negocio de Salomon, agora si, aparece. Deixan alí unha fotocopiadora, é unha das poucas fontes de ingresos que ten a ONG, e está estropeada. Bueno, voltamos á casa, alí está Eric o do tellado, derradeira reunión e comemos alí xuntos, previa pregaria de Joshua, pídelle a Deus que volte seguro á casa e dalle gracias por terme traído ata eles.
Visita á obra, están a facer bloques de arxila para as particións.


Volta para a casa con Protus, tamén derradeira reunión con el, despedímonos.
Duchiña, recollo as miñas cousas e despedida da xente da casa, Stephen, a muller, que tamén bota unha pregaria, Mado e Belinda, a estas dúas vounas botar máis de menos que ao resto, estaban alí tódolos días traballando, sempre falaba con elas... Belinda dime que non quere que marche.


Agora vou ao Biberon, agora toca despedirse da xente dese bar no que tantas Castel tomei e tantas veces comín. Veñen Joseph, as checas, Augustin, Ankias, Paul, Julius e a moza, convido a unhas birras de despedida e marchamos cara a estación, eso si con media hora de retraso, xa aprendín.


Como sospeitaba o bus non sae ata as 22:30, hora oficial eran as 21:00, non está mal, pequena conversa con Julius que me vai acompañar ata o aeroporto e a sobar.

Martes, chegamos a Douala ás 4:00, chamo a John, un amigo de Stephen que traballa no aeroporto, hoxe vainos levar cara Limbe, un pouco de relax que preciso.
Cando chegamos unhas voltiñas pola vila e a almorzar, tortilla de espaguetti, pan e café, visitamos un xardín botánico no que os negros pagan 300 fcfa e os brancos 1000 fcfa, moi ben, gracias. Unha cervexiña depois doutro paseo e imos cara unha praia, chea de merda mais unha praia, pegámonos un baño, a auga está coma o caldo.



A zona é espectacular, sitio turístico eso si, imos a comer, camaróns e peixe, boísimos.


Estou canso, quedo sobado no coche durante a volta cara Douala, aínda temos tempo así que imos á casa de John, alí un bo descanso, outra cervexiña, a derradeira no pais, vemos a tele e cara o aeroporto.
Últimos cambios nas maletas, non quero pasarme de peso, facturo, paga as taxas para sair do país e a agardar.
John marcha e quedo con Julius, falamos do ben que saiu todo, a verdade nin un problema en todo o tempo que estiven aquí, depedímonos e para dentro. Paso os controis de emigración e varios máis, mañá ven o presidente ao aeroporto e están paranoicos. Cando chego ao embarque dinme que hai algo na miña maleta, ala xa dicía que que todo era moi bonito, vou a onde me indican e os maderos cunha cara chunguísima, que levas?, eu, agasallos para os meus amigos, que mais?, non sei, seguro?, e pensando recordo que levo pedras e arxila, a ver se vai ser eso, fanme romper a embalaxe e abrir a maleta, amósolles os materiais que levo, era iso, pensaban que eran drogas, menos mal.
Bueno volta á porta, no control fanme sacar o ordenador outra vez, eu, estiven aquí fai nada, e nada, estes francófonos.
E nada vou cansísimo, danme a cena no avión e a durmir.

Mércores, de novo en Estambul, lévanme a un hotel Hilton, internetm ducha quenteeeeeeeeeee, que gusto, como desfruto destas cousiñas das que as veces esquecemos por ver tan normais, aquí as vistas, vertedoiro e mezquita.


E nada vou comer algo, kebab, do de verdade, rico rico, reúnome con Sara, un paseíño cenamos unha pataca xigante rechea e volta cara o hotel.

Xoves, hoxe, levanto ás 4:00 e aquí estou no hotel, agardando polo bus que me levará ao aeroporto, nunhas horiñas xa estou ahí.

Bicos